Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 2 de marzo de 2015

O Club Ptolomeo le Zara y el librero de Bagdad


  Os e as lectoras do Club Ptolomeo elixiron como lectura deste mes a novela de Fernando Marías, Zara y el librero de Bagdad, gañadora do Premio Gran Angular 2008.
  O narrador da historia, que ben podería ser un trasunto do propio Fenando Marías, recibe o encargo de corrixir unha novela autobiográfica escrita por un vello, Max, que de neno viviu a Guerra civil española en Barcelona, e que desexa mostrar todo o que el aprendeu dos seus pais. Un veciño do escritor fálalle de Zara, unha nena que ten vivido situacións difíciles na actualidade...



lunes, 23 de febrero de 2015

Os e as lectoras do Ptolomeo len a Begoña Caamaño

  O Club Ptolomeo este curso está un pouco lento nas lecturas e nas xuntanzas. Lemos Rebeldes da novelista norteamericana Susan E. Hinton. No mes de decembro e xaneiro quixemos  rendir homaxe e lembranza á recentemente desaparecida Begoña Caamaño, e limos Circe ou o pracer do azul.
antes de Nadal 
  Mañán martes, xuntarémonos para palicar en torno a este relato que tanto nos gustou cando o limos recén aparecido, e lembraremos á persona entrañable que nos acompañou naquela ocasión.
      



martes, 17 de febrero de 2015

Canto tempo ... O Club da Libreta le a Alessandro Baricco


 O  Club da Libreta sigue en acción un novo curso. 
 Xa limos no primeiro trimestre, Deseo de chocolate,  de Care Santos. Tras do Nadal, adicamos a nosa atención á última novela de Javier Marías, Así empieza lo malo, que deu para debatir dabondo. Recomendamos a lectura, pois os puntos de vista sobre ela foron diversos, ainda que todas admiramos a arte narrativa do madrileño.
 Este mes lemos o relato de Alessandro Baricco, Mr. Gwyn, publicada no ano 2011, e que despertou o interés de unha das nosas lectoras.

jueves, 3 de abril de 2014

Xabier P. Docampo no instituto










Onte, tivemos entre nós ó escritor Xabier P. Docampo, autor da novela xuvenil Cando petan na porta pola noite.
 Xabier, como é habitual nel, captou o entusiasmo e a emoción do alumnado e do profesorado que acudiu a escoitalo.
Noraboa Xabier... e ata pronto.

martes, 11 de marzo de 2014

Rosalía, un cravo na historia

    O alumnado de Artes escénicas de 2º Bacharelato, puxeron en escena Rosalía, un cravo na historia, que eles mesmos redactaron, sobre a vida da autora de Cantares Gallegos. Foi o fermoso colofón a esta semana cultural, na que todas e todos achegámonos á figura de Rosalía desde diversos enfoques, e que mellorou o noso coñecemento da autora e da súa obra. 

Francisco Rodríguez na Semana de Rosalía

  Como remate da Semana adicada a Rosalía de Castro e o seu mundo, tivemos a honra de contar co profesor e investigador da obra da poetisa, Francisco Rodríguez, quen falou da vixencia da poesía rosaliá a día de hoxe, e deleitounos coa lectura e interpretación de varios textos da autora.